Deadline for submitting applications will end on 25/10/2014

AGADIC - SUBVENCIÓNS PARA A PROMOCIÓN, COMERCIALIZACIÓN E EXHIBICIÓN DO PRODUTO AUDIOVISUAL GALEGO (CT404A)

Purpose / Objective

Fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para contribuír ao fomento da promoción, comercialización e exhibición da actividade audiovisual galega, dentro do marco das competencias deste organismo.

Types of support

As modalidades a subvención que comprende esta convocatoria son as que seguen:

- Modalidade A. Axudas para a participación de producións galegas en festivais de cine de carácter nacional e internacional de recoñecido prestixio, celebrados durante o ano 2014.

Requisitos:
- O festival debe terse celebrado entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 30 de novembro de 2014.
- Debe ser un dos festivais relacionados na cláusula terceira, e nalgunha das seccións que se especifican.

- Modalidade B. Axudas para a comercialización e distribución de películas de produción galega que se correspondan con longametraxes de ficción, documental e animación. Só poderán presentarse a esta modalidade aquelas películas rematadas que conten coa calificación do ICAA e cuxa data de estrea, segundo a base de películas cualificadas deste mesmo organismo, estea comprendida entre o 1 de xaneiro de 2014 e a data de finalización de presentación de solicitudes.

Para poder optar á subvención correspondente á modalidade B será requisito obrigatorio acreditar unha distribución mínima de 5 copias da película en Galicia e 10 copias no conxunto do Estado.

Sen prexuízo da posible presentación de máis dunha solicitude distinta por un mesmo solicitante, na modalidade B só poderá ser obxecto de subvención unha produción por solicitante. Unha mesma produción pode optar ás dúas modalidades se cumpre os requisitos exixidos para cada unha. Non poderá presentarse o mesmo proxecto por empresas distintas.

A consideración dos proxectos como incentivables estará supeditada ás necesidades de apoio que se desprendan do seu carácter cultural, ás condicións económico-financeiras do proxecto e ás do seu impacto na actividade cultural da comunidade autónoma.

Só poderán participar nesta convocatoria aquelas persoas que teñan unha participación igual ou superior ao 20 % do proxecto audiovisual.

Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes declararán non estar incursos en tales circunstancias, consonte o establecido no anexo I desta convocatoria.

Potential beneficiaries

As persoas físicas ou xurídicas, dedicadas á actividade de produción no eido audiovisual galego.

Sectors eligible for subsidy

Audiovisual.

Investments or eligible costs

Gastos subvencionables

1. Modalidade A: gastos inherentes á participación de películas galegas nalgún dos eventos establecidos na cláusula terceira, que consistan en:
a) Gastos en campañas de publicidade e promoción da participación no festival.
b) Gastos de material promocional (folletos, carteis, carpetas de prensa…) realizado en exclusiva para o evento.
c) Gastos de contratación de empresas de relacións públicas ou axentes de prensa para realizar exclusivamente o labor durante o evento.
d) Gastos de transporte para o envío e retorno do material promocional.
e) Gastos de desprazamento e estancia do equipo técnico-artístico, debidamente xustificado con facturas dos provedores dos servizos. (Establecementos, empresas de transportes ou axencia de viaxes).
f) Gastos de tiraxe e/ou subtitulado das copias exixidas para participar en cada evento conforme o seu regulamento.

2. Modalidade B: gastos inherentes á comercialización e exhibición da obra audiovisual.
a) Contratación de pases de mercado en eventos internacionais.
b) Gastos de promoción e publicidade.
c) Elaboración do anuncio da película (1,5 minutos) e tráiler promocional (2-3 minutos). Deseño e elaboración da páxina web da película.
d) Deseño e elaboración do material gráfico promocional (póster, flyers, kit de prensa...).
e) Tiraxe de copias.
f) Dobraxe e subtitulado.
g) Gastos inherentes á celebración do acto de preestrea (cun límite do 10 % do gasto subvencionable, e un máximo de 4.000 euros).
h) Aluguer de sala (VPF-Virtual Print Fee).
i) De ser o caso, gastos facturados pola empresa distribuidora, sempre especificando o concepto e cun límite do 25 % do gasto subvencionable, e un máximo de 10.000 euros.
j) Gastos varios (ata un 7 % do importe da subvención).

Estas subvencións terán carácter anual e admitiranse aqueles gastos que fosen realizados dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro do ano 2014 e a data máxima de xustificación establecida nesta convocatoria.

Amount of aid

As contías que se adxudicarán segundo as distintas modalidades veñen determinadas no artigo 3 das bases.

Deadline for submitting applications

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Legislative Reference

Resolución do 18 de setembro de 2014 (DOG Nº183 do 25/09/2014) - Bases reguladoras e convocatoria 2014

Information and processing in

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS (AGADIC)

DEPARTAMENTO DE XESTIÓN

Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n
15707 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 881996070 Fax: 881996080
Email: agadic@xunta.es
Información web: http://www.agadic.info