Deadline for submitting applications will end on 15/05/2007

SUBVENCIÓN PARA EMPRESAS PRIVADAS QUE REALICEN ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO NO ANO 2007

Purpose / Objective

Promocionar e incentivar ás empresas privadas para que leven a cabo actividades de promoción e difusión dos camiños de Santiago.

Types of support

Subvención a fondo perdido.

Potential beneficiaries

Poderán solicitar as subvencións todas as empresas privadas con forma xurídica societaria conforme o disposto na lexislación mercantil que leven a cabo actividades que contribúan á promoción e difusión dos distintos camiños de Santiago.
Así mesmo, poderán solicitalas os industriais, profesionais e artistas que estean dados de de alta no imposto de actividades económicas, nas respectivas epígrafes, e que realicen as anteditas actividades.
Quedan expresamente excluídas as asociacións, fundacións, comunidades de bens, sociedades civís e calquera outras institucións que non se encontren nos supostos previstos nos puntos anteriores.

Sectors eligible for subsidy

Turismo, comunicación social, hostalería, comercio, arte, artesanía e cultura.

Main project requirements

- No caso de que a subvención fose concedida para a realización de calquera obra nova, relativa á propiedade intelectual e susceptible de ser reproducida, como publicacións, vídeos, películas, reportaxes fotográficas, CD, debuxos, gravados, etc., os beneficiarios reservarán unha porcentaxe da obra para a Consellería de Cultura e Deporte - Subdirección Xeral de Protección da Cidade e Camiños de Santiago - con fins de promoción e divulgación. A mencionada porcentaxe, que non superará o 20% do total, será determinada pola Comisión de Valoración.

- Cando a subvención se solicita para a realización de actividades que afecten a propiedade intelectual como publicacións, vídeos, películas, reportaxes fotográficas, CD, debuxos, gravados, etc., os beneficiarios comprométense a autorizar a súa utilización gratuíta con destino a actividades promocionais e divulgativas da Consellería de Cultura e Deporte -Subdirección Xeral de Protección da Cidade e
Camiños de Santiago.

- Facer constar en cada proxecto subvencionado, na primeira e sucesivas edicións, que esta recibiu unha subvención da Consellería de Cultura e Deporte -Subdirección Xeral de Protección da Cidade e Camiños de Santiago-, utilizando a normativa de imaxe corporativa da Xunta de Galicia.

Investments or eligible costs

Accións de conservación, protección, promoción, investigación, e recuperación dos camiños de Santiago.
Non se subvencionarán gastos derivados do mantemento, funcionamento ou loxística da empresa peticionaria. Tampouco se subvencionarán viaxes de peregrinación, romarías, etc.

Amount of aid

As actuacións das empresas poderán ser subvencionadas coa cantidade máxima de 20.000 € por beneficiario.

Deadline for submitting applications

15 de maio de 2007

Legislative Reference

Orde do 11 de abril de 2006 (DOG Nº80 do 26/04/2006)

Information and processing in

Consellería de Cultura e Deporte
Subdirección Xeral de Protección da Cidade e Camiños de Santiago
981-544824

Observations

A subvención farase efectiva sempre que na data do 30 de outubro de 2006 se tivese rematada a actividade especificada