Deadline for submitting applications will end on 12/05/2009

AXUDAS A EMPRESAS QUE REALICEN INVESTIMENTOS ENCAMIÑADOS Á PREVENCIÓN E REDUCIÓN DA CONTAMINACIÓN A TRAVÉS DAS MELLORAS TECNOLÓXICAS APLICADAS A PROCESOS, CAMBIOS NAS MATERIAS PRIMAS E PRODUTOS E REUTILIZACIÓN OU VALORACIÓN NON ENERXÉTICA.

Purpose / Objective

Investimentos en nova instalacións, ampliación ou modificación de instalacións existentes, para o fomento da protección do medio natural, co fin de minimizar a contaminación para reducir o impacto sobre o medio e de obter melloras ambientais a través de cambios tecnolóxicos nos procesos, nos produtos ou nas materias primas e na súa utilización, reutilización en fábrica dos residuos xerados.

Types of support

Subvención a fondo perdido.

Potential beneficiaries

Poderán acollerse a estas axudas as empresas legalmente constituídas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Unha empresa con personalidade física ou xurídica que reúna as condicións seguintes:

-Que empregue a menos de 250 traballadores.
-Que teña un volume de negocios inferior a 50 millóns de euros ou un balance xeral inferior a 43 millóns de euros.
-Que non estea participada nun 25% ou máis do seu capital por unha empresa que non cumpra os requisitos anteriores.
-Que teña suficiente capacidade para obrar e non estar inhabilitada para a obtención de subvencións públicas ou para contratar co Estado, comunidades autónomas e outros entes públicos.

b) Ter o seu domicilio social ou algún dos seus centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia e materializar o proxecto obxecto de subvención no ámbito territorial de Galicia.
c) Estar ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
d) Non ter contraídas débedas coa Xunta de Galicia.
e) Non ter ningunha sanción imposta mediante resolución en firme en materia ambiental no último ano.

Sectors eligible for subsidy

Todos.

Investments or eligible costs

Concederanse subvencións a aqueles investimentos destinados ás instalacións para a prevención e redución da contaminación do ambiente. Poderán ser beneficiarios de subvención aqueles proxectos que ambientalmente propoñan:

a) Investimentos dirixidos á redución das emisións a atmosfera. (Exceptuados gases GEI: gases efecto invernadoiro).

b) Melloras tecnolóxicas da instalación: redución de emisións; minimización de residuos.

c) Cambio nas materias primas ou produtos da empresa.

d) Reutilización ou valorización non enerxética na propia industria.

e) Investimentos dirixidos a xestores de residuos para mellora dos sistemas de admisión e control das entradas.

2. Cando o importe do gasto que se subvenciona supere os 30.000 euros no suposto de custo por execución de obra, ou de 12.000 euros no suposto de subministración de bens de equipamento ou prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contracción de compromiso para a prestación do servizo ou á entrega do ben. A elección entre as ofertas presentadas deberán achegarse na xustificación

3. Para a realización das actividades subvencionadas, permitirase a subcontratación da totalidade das actuacións.

Serán susceptibles de subvención as actuacións comezadas ao longo do ano 2008 e que poden rematar no ano 2008 ou no vindeiro 2009. En todo caso, estas actuacións deberán estar executadas na súa totalidade ou, polo menos, nalgunha fase antes do 30 de outubro de 2008. As fases das actuacións que se desenvolvan durante o ano 2009, deberán estar finalizadas antes do 30 de outubro de 2009.

Amount of aid

As subvencións poderán alcanzar ata un 50% do investimento subvencionable. En ningún caso esta subvención poderá ser superior a 60.101 euros.

Deadline for submitting applications

o prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Incompatibility

A axuda contida nesta orde é compatible con outras subvencións ou axudas de calquera administración pública. O importe das axudas non poderá, en ningún caso, illada ou conxuntamente con outras, superar o custo total da actividade que vaia desenvolver o beneficiario.

En calquera caso, todos os investimentos realizados ao abeiro desta orde deberán manterse durante un período mínimo de cinco anos.

Esta orde acóllese ao establecido no Regulamento relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis.

Legislative Reference

Orde do 27 de febreiro de 2009 (DOG Nº50 de 12/03/2008) - Bases e convocatoria 2009

Information and processing in

DIRECCIÓN XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE.
Tfn: 981 957290

1. As solicitudes, coa súa documentación necesaria, poderase presentar na forma elixida de entre as que se detallan:

a) Presentación en soporte papel. As empresas deberán solicitar as axudas segundo o modelo normalizado que figura como anexo I desta orde.

b) Presentación telemática. Aqueles solicitantes que posúan certificado dixital baixo a norma X.509 V3, expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda, poderán presentar a solicitude, coa documentación necesaria que se sinala, transmitíndoa por vía telemática ao Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, mediante a dita sinatura electrónica avanzada, no enderezo da internet http://www.xunta.es/rexistrotelematico. Neste caso, os solicitantes formularán unha declaración responsable de que os documentos escaneados son orixinais e auténticos, sen prexuízo de que lles poida ser requirida a exhibición do documento orixinal en calquera momento do procedemento. O representante legal que formule presentación telemática deberá posuír o dito certificado orixinal.