Deadline for submitting applications will end on 16/06/2014

PROXECTOS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS PARA PROXECTOS DE EQUIPAMENTOS TÉRMICOS DE BIOMASA

Purpose / Objective

O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para o quentamento dun fluído mediante equipamentos térmicos que utilicen biomasa como combustible.

Types of support

Subvención en réxime de concorrencia non competitiva

Potential beneficiaries

1. Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:

a) As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.

b) A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades instrumentais dela dependentes.

c) As persoas físicas ou xurídicas de dereito privado, as súas agrupacións e asociacións.

2. Quedan excluídas aquelas empresas que non teñan a consideración de pemes.

3. As empresas deberán cumprir co criterio de autonomía, nos termos que se establecen no anexo I do Regulamento xeral de exención por categorías.

4. Se as empresas non teñen o domicilio social en Galicia, deberán acreditar, cando menos, a existencia dun centro de traballo ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da Comunidade Autónoma.

5. Os requisitos para obter a condición de beneficiarios deberanse cumprir, como máis tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

6. Non poderán obter a condición de beneficiarias as empresas suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

7. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da citada Lei 9/2007.

8. As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas de dereito privado deberán nomear un representante ou apoderado único da agrupación con poderes bastantes para cumprir coas obrigas propias dos beneficiarios dunha subvención.

Main project requirements

Todos os proxectos deberán cumprir os requisitos seguintes:

1. Que non estean iniciados na data de presentación da solicitude da axuda. Os solicitantes poderán iniciar a execución do proxecto unha vez presentada a solicitude.

2. Que se desenvolvan no territorio de Galicia exceptuando as zonas incluídas nos perímetros urbanos, definidos como tales no planeamento urbanístico vixente, das cidades de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo. Esta información pode ser consultada nos propios concellos ou na web: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es

3. Que sexan finalistas, é dicir, que no momento da certificación final cumpran os obxectivos e funcións para os cales foron aprobados. En ningún caso se admitirán fases de proxectos.

4. Que sexan viables técnicamente.

5. Que se axusten á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) en materia enerxética.

6. Que se axusten ás especificacións indicadas nas presentes bases.

7. Que o promotor do proxecto non teña sido sancionado pola Consellería do Medio Rural e do Mar por cometer infraccións en materia de subvencións no prazo dun ano se a infracción foi cualificada como leve, de dous anos se a infracción foi cualificada como grave ou tres anos se a infracción foi cualificada como moi grave. Os prazos computaranse desde a data de remate do prazo de presentación das solicitudes.

Investments or eligible costs

Serán subvencionables:

1. O custo do equipamento térmico e os seus accesorios.

2. O custo do sistema de almacenamento de combustible.

3. O custo do sistema de alimentación de combustible.

4. O custo de montaxe e conexionado.

En todos os casos, ata o valor de mercado.

Amount of aid

1. A intensidade máxima da axuda, segundo o tipo de beneficiario, será a seguinte:

Entidades locais - 80 %

Sector público autonómico - 100 %

Persoas físicas e institucións sen ánimo de lucro - 75 %

Pequenas e medianas empresas, as súas agrupacións e asociacións - 75 %

2. A contía máxima da axuda por proxecto será de 200.000 €, agás para as empresas do sector agrícola que será de 15.000 €, e para as empresas de transporte de mercadorías por estrada por conta allea, que será de 100.000 €.

Deadline for submitting applications

O prazo para presentar as solicitudes será dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Se o último día do prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Incompatibility

1. As subvencións reguladas nestas bases están financiadas con fondos Feader e, polo tanto, serán incompatibles con calquera outra axuda que, para o mesmo proxecto ou finalidade, leve cofinanciamento comunitario, independentemente do fondo de procedencia e a súa tipoloxía (subvención directa, bonificación de xuros, ...).

2. Coa excepción anterior, as subvencións concedidas ao abeiro destas bases reguladoras serán compatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade, tanto de orixe pública coma privada, sempre que a intensidade máxima das axudas con fondos públicos non exceda o 100 % do importe elixible do proxecto.

Legislative Reference

Resolución do 8 de maio de 2014 (DOG Nº92 do 15/05/2014) - Bases reguladoras e convocatoria 2014
Resolución do 8 de maio de 2014 (DOG Nº112 do 13/06/2014) - Corrección de erros

Information and processing in

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:

a) Na páxina web de Agader http://agader.xunta.es

b) Na páxina web do Inega (www.inega.es).

b) Nos teléfonos 981 54 15 00 (Inega) e 981 54 73 82 (Agader).

c) Presencialmente, no Inega (rúa Avelino Pousa Antelo, 5, San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela), con cita previa no teléfono 981 54 15 00.

* Reserva de Fondos

a) Dentro do prazo establecido na convocatoria, e antes de presentar a solicitude de axuda, os interesados deberán cubrir un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para que se solicita a subvención, ao cal se terá acceso a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es/), ou ben desde as páxinas web do Inega (www.inega.es) e da Agader (http://agader.xunta.es).

b) Non se poderá cubrir o formulario máis dunha vez para un mesmo proxecto.

c) Para o mesmo proxecto poderá cubrirse un novo formulario descritivo sempre que se cancele o anterior. No caso de ter xa solicitada a axuda, terá que renunciar á solicitude feita antes de cubrir un novo formulario. En ambos os dous casos non se conserva a orde que lle correspondía á primeira solicitude.

d) Co fin de prestar asistencia para cubrir o formulario, o Inega porá á disposición dos interesados un servizo de asistencia técnica, a través do número de teléfono 981 54 15 00. Desde este servizo poderase acceder á aplicación informática, cubrir o formulario e xerar o identificador de documento electrónico (IDE), no caso de que o solicitante non dispoña dun acceso directo á internet.

e) O formulario inclúe o orzamento da operación que deberá estar perfectamente detallado canto ás súas diferentes partidas económicas. Non se admitirá ningún orzamento con partidas económicas agregadas, que fagan imposible a distinción das partidas económicas relevantes do proxecto.

f) O interesado deberá cubrir todos os campos marcados como obrigatorios, e a aplicación informática calculará automaticamente, en función das características do proxecto e do establecido nestas bases, a contía máxima da axuda que pode chegar a ter o proxecto proposto.

Igualmente, unha vez cubertos os campos obrigatorios do formulario, a aplicación emitirá un IDE que identificará inequivocamente a solicitude de axuda.

g) O formulario pode cubrirse a partir das 9.00 horas do primeiro día hábil despois da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia, e permanecerá aberta ata as 14.00 horas da data límite para presentar solicitudes prevista na resolución de convocatoria, sen prexuízo do sinalado no seguinte punto.