Actualidade

O re-Brote está orientado a aumentar as respostas positivas das entidades financeiras ás empresas galegas con proxectos viables. O presidente do Igape, Javier Guerra destaca que a Xunta incorpora na convocatoria deste ano un maior compromiso público nos avais deste programa, ao elevar até en 10 puntos porcentuais a cobertura e a posibilidade de ampliar o prazo de vixencia. O conselleiro sinala que "a actividade empresarial é unha das bazas máis potentes para reactivar a economía galega".

O orzamento da Xunta -preto dun millón de euros- no proxecto Bioemprende ten acadado resultados empresariais moi positivos no eido da I+D+i, segundo salientou o director xeral do Igape, Joaquín Varela. A organización de mesas sectoriais transfronteirizas permitiu detectar máis de 70 ideas de negocio biotecnolóxicas e elaborar unha colección de guías de oportunidades por sectores. Xeráronse plans de negocio viables, creáronse 4 empresas biotecnolóxicas, e polo menos outros 4 proxectos poranse en marcha ao longo deste ano.

A Consellería de Economía e Industria inviste, a través do Igape, 1,6 millóns de euros neste programa. Javier Guerra destacou que se "primará a colaboración empresarial e serán os organismos intermedios, que poden ofrecer este servizo a un colectivo de empresas, os que poderán acceder a maiores axudas e durante máis tempo". Con esta edición, o Igape da outro paso adiante para facilitar a inserción laboral dos especialistas neste eido, incluíndo aos que teñen sido formados ao abeiro do seu programa de bolsas de promoción exterior.

O conselleiro de Economía e Industria participou no Foro de Investimento Galicia, organizado no marco do programa europeo AT-Venture, e destacou a importancia do programa de apoio á iniciativa emprendedora da Xunta, ao que a Consellería engadirá un novo fondo de capital risco para empresas de base tecnolóxico. Javier Guerra sinalou que "os fondos de investimento, xunto coas redes de business angels, representan hoxe unha alternativa de financiamento empresarial moi interesante".

O director do Igape encabezou a delegación da Xunta de Galicia que visitou, en Devon, as instalacións de Xero Technology LTD para coñecer polo miúdo o grupo promotor do investimento que se implantará en Ourense. A Xunta de Galicia xa comprometeu apoios públicos por case 11 millóns de euros para financiar a planta de fabricación do coche eléctrico Xero no que a compañía británica Xero Technology prevé investir 26 millóns de euros e crear ata 1.030 novos empregos en 2015.