O director do Igape, Juan Cividanes, participou hoxe no encontro dixital 'Oportunidades poscovid-19. A internacionalización da empresa no novo contexto global', organizado pola Asociación para o Progreso da Dirección. Cividanes salientou que as pemes deben apostar pola súa redefinición para fortalecer a súa presenza exterior mediante novas canles de comercialización. O Goberno galego reforza o seu compromiso coa internacionalización a través do Plan de reactivación económica, que inclúe medidas como os 16M€ para a dixitalización do tecido empresarial.
O director do Igape, Juan Cividanes, visitou a compañía Arnoia Distribución de Libros, onde salientou que os investimentos 4.0 reforzan o tecido empresarial galego. Resalta o esforzo da empresa pontevedresa, unha das maiores do sector en España, no avance tecnolóxico dos sistemas de almacenaxe e distribución e no desenvolvemento de proxectos de mellora competitiva. A distribuidora conta co apoio das axudas á dixitalización da Consellería de Economía, Emprego e Industria, cuxo prazo de solicitude para a última convocatoria remata o vindeiro 7 de agosto.
As iniciativas seleccionadas na aceleradora impulsada pola Xunta e o Clúster Alimentario de Galicia accederán a un programa de doce meses de duración que inclúe mentoring, formación, infraestruturas e acceso a financiamento. Empresas tractoras do sector alimentario exercerán como mentoras das iniciativas.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria facilitará préstamos de entre 3000 e 20.000 euros a cada negocio para atender as súas necesidades, como pago de salarios, alugueiros ou impostos. Os beneficiarios desta iniciativa terán ata cinco anos para amortizar os créditos e o Goberno galego farase cargo do 100% dos xuros. A Administración autonómica tamén porá en marcha un novos instrumentos financeiros dirixidos aos sectores vitivinícola, artístico e cultural –vinculado especialmente ás orquestras– e a economía social.
Esta xanela única foi posta en marcha pola Xunta cun orzamento este ano de 3,6M€ para acompañar e asesorar ao tecido empresarial neste novo contexto económico. Profesionais e empresas poden acceder, a través desta iniciativa, a toda a información sobre as liñas de axudas destinadas á reactivación económica e á tramitación das súas solicitudes. Enmarcado no Plan de reactivación económica, trátase de dar resposta ás necesidades de pemes e autónomos sobre a adaptación da súa produción, os servizos que ofrecen, o modelo de negocio ou os equipos de traballo.