Actualidade

O director do Igape, Fernando Guldrís, asistiu hoxe á presentación da terceira edición da Business Factory Food, promovida pola Xunta e coordinada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga). Coa axuda de grandes empresas tractoras, impulsará ata 16 proxectos innovadores para dar resposta aos retos da industria agroalimentaria, incluído un relacionado coa situación causada pola covid-19. O prazo de presentación de iniciativas, que disporán de apoio económico da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, estará aberto ata o 11 de xaneiro de 2021.

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe na presentación do encontro semipresencial O futuro da moda na nova realidade. Lembra o apoio do Goberno galego á dixitalización e a innovación do tecido produtivo, especialmente das pemes, a través do Plan de reactivación e dinamización.

Nos dous últimos meses, máis de 150 autónomos e pemes solicitaron o asesoramento gratuíto que ofrece a Xunta na iniciativa incluída no Plan de reactivación económica. Durante outubro realizaranse catro novos encontros virtuais para apoiar e formar ao tecido empresarial nos ámbitos de negocio, financeiro, de operacións e persoas. Continúa aberta a terceira convocatoria de 2020 para solicitar os servizos do novo ReAcciona, incluído dentro do Igape Responde.

A través do Igape Responde achegan consultoría gratuíta en rede, que inclúe 14 medidas dispoñibles de acción inmediata. Os autónomos e as pemes poderán atopar novas fontes de ingresos, captar e fidelizar clientes ou mellorar a cohesión dos equipos, entre outros resultados. Este mércores terá lugar o primeiro dos webinarios que informarán dos apoios dispoñibles en cinco ámbitos diferentes: xeral, financeiro, de negocio, operacións ou persoas.

O obxectivo dos encontros, que se inician o próximo mércores, é diagnosticar e potenciar o impacto positivo destes procesos no contexto provocado pola covid-19. Participarán organizacións empresariais das TIC, o téxtil, a madeira, o granito, a lousa, a loxística, a alimentación, a pesca, o audiovisual, o turismo e a saúde.